Estatística

ÍNDICE
 

Introdución

Obxectivos

Táboas de frecuencias

Gráficos estatísticos

Folla de exercicios

TÁBOAS E GRÁFICOS ESTATÍSTICOS
INTRODUCIÓN

A Estatística é a parte das Matemáticas que se ocupa de reunir, organizar e analizar datos. 

Nesta unidade trataranse os procedementos para organizar datos en táboas de frecuencias, calcular os parámetros de centralización (media, mediana e moda) e realizar gráficos estatísticos (diagramas de barras,  diagramas de sectores, histogramas e polígonos de frecuencias).

OBXECTIVOS
  • Organizar datos nunha táboa calculando frecuencias absolutas e relativas, ordinarias e acumuladas.
  • Agrupar en intervalos os datos dun carácter estatístico continuo ou discreto con moitos datos e  elaborar a táboa correspondente.
  • Calcular a media, a mediana e a moda dun carácter estatístico cuantitativo.
  • Representar graficamente mediante diagramas de barras e de sectores un carácter estatístico discreto con poucos datos.
  • Representar graficamente mediante histogramas e polígonos de frecuencias un carácter estatístico continuo ou discreto con moitos datos.

  Ana Iglesias Lauda
 
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2009
 
 

Licencia de Creative Commons
Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.