FOLLA DE EXERCICIOS
Estatística
 

1. A duración en anos de trinta cafeteras dun determinado modelo foi a seguinte:
Duración[0,2)[2,4)[4,6)[6,8)[8,10)[10,12)
Nº de cafeteras4116522
a) Constrúe a táboa de frecuencias.
b) Calcula a media, a mediana e a moda.
c) Representa os datos cun histograma e un polígono de frecuencias.

2. Realizouse unha enquisa sobre a forma de desprazamento utilizada por 100 persoas dunha cidade para ir traballar, e obtivéronse os seguintes resultados:
Forma de desprazamentoCocheAutobúsTrenBicicletaCamiñando
Nº de persoas452312614
a) Constrúe a táboa de frecuencias.
b) Calcula a mediana e a moda.
c) Representa os datos nun diagrama de barras e de sectores.
3. O número de calculadoras que se venderon nunha tenda nos últimos dez días foron os seguintes:
     8, 12, 15, 16, 16, 7, 3, 11, 10, 8
a) Constrúe a táboa de frecuencias.
b) Calcula a media, a mediana e a moda.
c) Representa os datos nun diagrama de barras e de sectores.

4. Preguntóuselle ós 25 alumnos dunha clase se lles gustaba utilizar o ordenador na clase de matemáticas e contestaron o seguinte:
Opiniónnadapouconormalbastante moito
Nº de alumnos25963
a) Este carácter, e cuantitativo ou cualitativo?
b) Constrúe a táboa de frecuencias.
c) Calcula a moda. Poderías calcular a mediana? E a media?
d) Asígnalles puntuacións desde o 1 (nada) ata o 5 (moito) ás opinións dos alumnos. Neste caso, é un carácter cuantitativo ou cualitativo? Calcula os parámetro de centralización que non poideches calcular antes.
e) Constrúe os gráficos estatísticos que consideres adecuados para este carácter.

5. O talle de 100 nenos dun colexio de primaria recóllese na seguinte táboa:
Talle (en cm.)90-110110-130130-150150-170
Nº de nenos6265018
a) Constrúe a táboa de frecuencias.
b) Calcula os tres parámetros de centralización
.
c) Constrúe os gráficos estatísticos que consideres adecuados.
6. O número de persoas que habitan cada un das 80 vivendas dunha urbanización veñen dados na seguinte táboa:
Nº de persoas por casa01234568
Nº de casas79151821541
a) Constrúe a táboa de frecuencias.
b) Calcula os tres parámetros de centralización
.
c) Constrúe os gráficos estatísticos que consideres adecuados.


         
           
  Ana Iglesias Lauda
 
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2009
 
 

Licencia de Creative Commons
Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.