GRÁFICOS ESTATÍSTICOS | |
Estatística | |
4. DIAGRAMAS DE BARRAS E DIAGRAMAS DE SECTORES. | ||
Un
carácter estatístico
cualitativo ou cuantitativo que tome un número pequeno de valores
distintos, pódese representar utilizando un diagrama de barras ou un diagrama de sectores. Un diagrama de barras é un gráfico formado por barras separadas de altura proporcional á frecuencia de cada valor. Un diagrama de sectores é un gráfico formado por un círculo dividido en sectores de amplitude proporcional á frecuencia de cada valor. |
||
|
5. HISTOGRAMAS E POLÍGONOS DE FRECUENCIAS. | ||
Un
carácter estatístico cuantitativo no que os datos se presenten
agrupados en intervalos, por ser continuo ou discreto cun número grande
de valores
distintos, pódese representar utilizando un histograma ou un polígono de frecuencias . Un histograma é un gráfico formado por barras pegadas de altura proporcional á frecuencia de cada intervalo. Un polígono de frecuencias é unha liña poligonal que une os puntos medios da parte superior das barras do histograma, é dicir, os puntos que fan corresponder á marca de cada intervalo a súa frecuencia absoluta. |
||
|
|
Agora, coa axuda das escenas desta unidade, tes que facer no teu caderno os exercicios da seguinte páxina. |
Ana Iglesias Lauda | ||
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2009 | ||
Los
contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia
de Creative Commons si no se indica lo contrario.