FUNCIÓN
Análise
 

Concepto de función. Terminoloxía

Unha función é unha relación entre dúas variables numéricas, habitualmente denominámolas x e y; a unha delas chamámola variable dependente pois depende dos valores da outra para o seu valor, adoita ser a y; á outra xa que logo denomínalla variable independente e adoita ser a x

Pero ademais para que unha relación sexa función a cada valor da variable independente correspóndelle un ou ningún valor da variable dependente, non lle poden corresponder dous ou máis valores.

1.-Observa na escena as gráficas, di cál delas é función e por qué non o é a outra.


Observa ao mover o punto P cántos puntos de corte ten a recta azul con cada gráfica, si é más dun non é unha función.

Para a determinación completa dunha función é necesario coñecer:

  1. O conxunto inicial, onde toma valores a variable independente.
  2. O conxunto final, onde toma valores a variable dependente.
  3. A regra que permite asociar a cada elemento do conxunto inicial o seu correspondente no conxunto final, que chamamos imaxe do elemento. Esta regra pode vir dada mediante unha táboa de valores, unha gráfica ou unha fórmula matemática.
Ao conxunto dos valores da variable independente chámaselle dominio da función ou campo de existencia.

Ao conxunto dos valores da variable dependente chámaselle percorrido ou imaxe da función.

2.-¿Entre qué valores está a imaxe?

 

Observa a escena e percorre os valores de P.

3.-O dominio, ¿é toda a recta real?


Observa a escena e percorre os valores de P.

4.-Anota cál é o dominio e a imaxe desta función no teu caderno.

 

Usa os pulsadores de cores que hai xunto ó zoom e xunto ós eixes OX e OY.
O botón Inicio restaura os valores iniciais.


Observa a escena e percorre os valores de P.

5.-Anota cál é o dominio e a imaxe desta función no teu caderno.


       
           
  José Manuel Sesto Pérez
 
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Ano 2009