O obxectivo principal do proxecto Descartes ofrecer profesorado e alumnado unha nova forma de enfocar a aprendizaxe das matemáticas, promovendo novas metodoloxías de traballo na aula máis activas, participativas, motivadoras e personalizadas, para mellorar as os procesos de aprendizaxe.

O desenrolo do nippe, a creación dos materiais didácticos, os cursos de formación, a web... s son elementos postos a disposición de quen queira usalos. Consideramos que todos eles facilitan a sa utilización na aula, pero tamn sabemos que ese paso non nin fácil nin frecuente. A maior parte dos profesores e profesoras que fan o curso de Descartes non usan os materiais máis que de forma esporádica, sen embargo, o paso de querer usalo a usalo realmente non evidente nin intuitivo, require tamén dun proceso de formación que facilite ese tránsito indispensable.

Entendemos que a experimentación que se pretende, na que se desexan usar de forma continuada e predominante os materiais didácticos do proxecto Descartes, é unha tarefa complexa que require ter coñecemento ou, polo menos, asistencia para resolver os problemas que poidan xurdir en tres campos:

1 Determinación dos materiais didácticos do proxecto Descartes. 
  • Require que se coñezan os materiais didácticos dispoñibles e a súa forma de uso, para o que é importante que se teña realizado o curso Descartes Básico ou o Descartes 2, o que garante un bo coñecemento da web Descartes, dos seus materiais didácticos e dos servizos que esta web ofrece.

2 Planificación da experimentación en condicións novas 
(con ordenadores), usando novos materiais e novas metodoloxías.

  • Pode servir de referencia calquera experiencia de innovación realizada anteriormente ou ter utilizado con regularidade os ordenadores cos alumnos, aínda que non sexa con Descartes. Consideramos que este aspecto é a clave de todo o proceso, polo que este curso capacita para organizar as actividades durante os dous meses que se desexa que dure a experimentación, contando cun titor que axudará a facer a planificación e a resolver os problemas que poidan xurdir durante todo o proceso.

3 Resolución dos problemas técnicos de Descartes e do ordenador. 

  • Unha das maiores dificultades que poden xurdir á hora de levar a cabo a planificación realizada será, previsiblemente, a adaptación de escenas ou a creación de escenas novas e a resolución de fallos ou incompatibilidades dos ordenadores para que os materiais funcionen con normalidade. En ambos casos contarase con axuda para intentar superar esas dificultades.