INVESTIGACIÓNS | |
Xeometría | |
ACLARACIÓNS E RECURSOS PARA O PROFESORADO Nesta sección apórtanse algúns recursos que poden serlles útiles ás profesoras ou profesores que traten de desenvolver estas actividades cos seus alumnos e alumnas. En primeiro lugar presentamos un modelo de test de coñecementos previos para que o realice o alumnado antes de acudir á aula de informática. Será de utilidade contrastar os avances conseguidos facendo probas similares cando deamos por concluídas as sesións que imos dedicarlle ó tema. A continuación, facilítanse uns gráficos que conteñen tramas de ordes 3, 4 e 5. Cando os alumnos desenvolvan as actividades, deben dispoñer de follas con estas tramas para que poidan facer ensaios, comprobar conxecturas e tomar nota dos descubrimentos que fagan e das conclusións ás que cheguen. En último lugar, móstranse algunhas propostas para o traballo na aula de informática. Deben ser consideradas como exemplos do que se pretende facer. A creatividade de cada un será o motor que porá en marcha o enriquecemento das mesmas. Estou seguro que, incluso a min, se me ocorrerán outras moito máis atractivas das que propoño neste momento. Como vedes, están clasificadas en tres bloques: actividades con segmentos, actividades con triángulos e actividades con cuadriláteros. Correspóndense, loxicamente, coas seccións que deben traballar os alumnos: investigacións con segmentos, investigacións con triángulos e investigacións con cuadriláteros. |
A continuación mostramos unha trama cadrada de puntos de orde 3x3 (tamén se denomina trama cadrada de orde 3). Todas as cuestións que seguen deben enmarcarse neste tipo de trama. 1.- ¿Canto mide o segmento de maior lonxitude que teña os seus extremos en puntos da trama? 2.- ¿Canto mide o segmento de menor lonxitude que teña os seus extremos en puntos da trama? 3.- ¿Cal é o maior valor que pode tomar a medida dunha poligonal formada por dous segmentos que teñan os seus extremos en puntos da trama? 4.- ¿Canto mide o maior ángulo convexo que teña os extremos dos lados que o forman en puntos da trama? 5.- ¿Cantos triángulos equiláteros se poden construír que teñan os seus vértices en puntos da trama? 6.- Nunha trama cadrada de orde tres debuxei un triángulo de área máxima que ten os seus vértices en puntos da trama. ¿Cal é o valor da área do triángulo?
7.- ¿Canto vale a lonxitude do segmento AB da figura 1? 8.- ¿Cal é o valor da área do triángulo ABC da figura 2? 9.- ¿Cal é o valor da área do cuadrilátero ABCD da figura 3? 10.- ¿Cantos triángulos se poden pintar que teñan perímetro 3 cm e os seus vértices en puntos da trama? |
Á hora de levar a cabo as actividades que pretendemos desenvolver, será necesario facer ensaios, comprobar intuicións, realizar conxecturas,... Necesitaremos follas con tramas para que o alumnado poida avanzar nas fases do proceso. Velaquí alguns modelos: |
|
Santiago López Arca. | ||
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2002 | ||