INVESTIGACIÓNS | |
Xeometría | |
1. TRAMAS. | ||||
|
||||
|
A configuración que aparece na esquerda
permitirache facer investigacións. É unha ferramenta que podes manipular.
Chamarémola escena.
Ten moita importancia que neste momento dediques uns minutos a te familiarizares co manexo das escenas que aparecen nesta páxina. Agora non debes ter présa, para ir máis rápido no futuro. Observa que na parte superior da escena está situado un control que che permite cambiar a orde da trama. Premendo na frecha azul a orde da trama aumenta de 3 a 5. Premendo na frecha vermella a orde diminúe de 5 a 3. Na parte inferior da escena atópase o botón "Inicio". Premendo neste botón devolverás a escena á maneira na que se atopaba cando arrancou o programa. |
2. MOVENDO UN PUNTO NUNHA TRAMA. | |
|
Na escena da esquerda preséntase unha trama de orde 5. Nela introduciuse un control gráfico que é o punto A. Este punto A, por ser un control, pode moverse dentro da escena. Podemos seguir dous métodos:
Realiza estes dous exercicios de adestramento:
|
3. CAMBIAMOS A ORDE DA TRAMA E MOVEMOS O PUNTO A. | |
|
Nesta escena combínanse as posibilidades que permiten as dúas escenas anteriores: cambiar a orde da trama e mover o punto A. Practica e explora as posibilidades que se nos ofrecen. O éxito nas actividades que virán a seguir depende en gran medida da destreza que teñas á hora de te moveres no escenario que imos utilizar. |
Santiago López Arca. | ||
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2002 | ||