name=  name=  name=  name=  name=  name=
2. Calculando con números reais  
Aproximacións

Como comprobaches, os números reais teñen infinitas cifras decimais, polo que, en xeral, non é posible darlles o seu valor exacto. Nalgúns casos, como nos racionais (coa fracción xeratriz) e radicais, si é posible representalos de xeito exacto. Pero en infinidade doutros casos (como o número π, ou o número e) isto non é posible.

Cando nun problema necesitamos usar un número con infinitas cifras decimais, na práctica usamos un valor aproximado que nos permita obter un resultado aceptable aínda que non sexa exacto.

Na escena podes ver as distintas formas de aproximación (por defecto, por exceso, redondeo, truncamento).

Realiza as actividades que se propoñen aquí. 

anterior
siguiente