Poliedros regulares
Un poliedro é regular se todas as súas caras son iguais e sobre cada vértice inciden o mesmo número de caras e arestas.
Hai só cinco poliedros regulares convexos: o tetraedro, o cubo, o octaedro, o dodecaedro e o icosaedro.
Aos poliedros convexos regulares denomínaselles tamén sólidos platónicos pois na Grecia clásica foron obxecto de estudo por Platón.
|
|