Lembra o máis importante 
Os múltiplos dun número son os que resultan de multiplicar ese número por calquera número natural.
       Múltiplos de 7={0, 7, 14, 21, 28, 35, 42, ... ...}

Os números compostos son os que teñen máis de 2 divisores. Chámanse así porque se poden pór como produto de potencias de números primos.
      Números compostos ={4, 6, 8, 9, 10, 12, 14, 15, ...}

A división exacta é aquela cuxo resto é 0, o dividendo é múltiplo do divisor.
     48:6= é división exacta; 65:9= non é división exacta.

Descompor factorialmente un número é polo como produto de potencias de números primos.
                              63=32·7
Os divisores dun número son aqueles que o poden dividir, a súa división é exacta.
    • Todos os números naturais son divisores de 0.
    • O número 1 ten un só divisor, é o 1.

       D(18)={1, 2, 3, 6, 9, 18}
O mínimo común múltiplo de varios números é o número máis pequeno que é múltiplo de todos eles, sen ter en conta o 0.
                             m.c.m.(12, 15, 9)= 180
Os números primos son os que teñen dous divisores, que son o 1 e o mesmo número.
Números primos ={2, 3, 5, 7, 11, 13, 17, 19, 23, ... }

Preme sobre a imaxe para ampliala

O máximo común divisor de varios números é o número máis grande posible que é divisor de todos eses números.
                           m.c.d.(18, 36, 81, 45)= 9
• Cando dous números non teñen en común máis divisores que o 1 dise que son primos entre si.
anterior
siguiente