Coa relación fundamental tg
α=senα/cosα amplíase a
definición de tanxente en ángulos agudos a un
ángulo calquera.
Observa que a tanxente represéntase na recta
tanxente á circunferencia goniométrica no
punto onde se inicia o ángulo.
Fíxate
tamén que para os ángulos de 90º e 270º, o
coseno é 0 polo que non está definida a tanxente;
canto máis se acerca un ángulo a 90º ou a 270º,
máis grande se fai en valor absoluto a tanxente, diremos
que é infinito: